Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Clara Campoamor

5/3/09

Clara Campoamor


Nace en Madrid no 1888. Orfa de pai moi pronto ten que deixar os estudios e poñerse a traballar.
En 1914 fai oposicións para profesora de adultas no Ministerio de Instrucción Pública, mais só pode impartir taquigrafía e mecanografía, porque non rematou o bacharelato.
En 1920, con 32 anos, matricúlase no bacharelato que remata en dous anos, e a continuación na Facultade de Dereito, terminando a carreira noutros dous anos.
No ano 1924 entra na Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e meses despois ingresa no Colexio de Avogados, facendo constar que quere exercer a profesión.
Entre 1928 e 1929 foi delegada do Tribunal de Menores.
Aínda que tratou temas moi dispares, sentiuse atraída especialmente polos temas referidos á situación xurídica da muller. Pelexou por establecer a non discriminación por razón do sexo, a igualdade legal dos fillos nacidos dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal.
Ao empezar a guerra civil emigrou a Francia. Despois viviu en Bos Aires dedicada á literatura.
Morreu en Suiza no ano 1972.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas