Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
5/3/09
Ángeles Alvariño
Oceanógrafa de profesión. Naceu en Ferrol en 1916. Ata 1931 estudou en diversos centros educativos de Ferrol. En 1934 comeza os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, pero tivo que interrumpilos polo peche das aulas motivado pola guerra civil. Nese período decide mellorar os seus coñecementos de francés e comezar o estudo do inglés.
Unha vez aberta a Universidade continúa cos seus estudos e en 1951 obtén o doutoramento en Psicoloxía Experimental, Química Analítica e Ecoloxía Vexetal na Universidade de Madrid.
Entre 1950 e 1957 é destinada como bióloga mariño-oceanógrafa no Instituto Español de Oceanografía.
Nos anos 1953 e 1954 recibe unha bolsa do British Council para realizar investigacións sobre zooplancto no Laboratorio de Plymouth, Inglaterra.
Durante o período 1956-1957 recibe unha subvención da Comisión Fulbright para realizar investigacións científicas sobre zooplancto na Woods Hole Oceanographic Institution de Massachussetts.
No ano 1970 obtén o cargo de bióloga investigadora no recoñecido Southwest Fisheries Science Center para efectuar estudos sobre a albacora o outros peixes, así como sobre o plancto e as súas relacións coa dinámica oceánica, as pesqueiras e o efecto dos depredadores do plancto na supervivencia das larvas de peixes.
Ángeles Alvariño é unha muller precursora na investigación oceanográfica española e destacada científica internacional. Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca. Morreu no ano 2005.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario