Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Concepción Pérez Iglesias

2/3/09

Concepción Pérez Iglesias


Concepción Pérez Iglesias
Con corenta e catro anos cumpridos esta mestra nacional orixinaria de Santiago de Compostela converteuse na primeira muller española que ocupou a presidencia dunha corporación municipal. O 8 de xaneiro de 1925 dona Concha asinou como alcaldesa no libro de actas do pequeno concello de Portas a trinta quilómetros escasos de Pontevedra. O seu antecesor fora durante moitísimos anos, o médico Cesáreo Besol Oria. A sesión extraordinaria convocada na sala de plenos do concello comezara aquela xornada co nomeamento de dous novos concelleiros designados directamente polo gobernador civil de Pontevedra. Concepción Pérez era unha delas, pasaba a ocupar o lugar de Francisco Rivas. Inmediatamente recolleuse o cese dun dos concelleiros e do alcalde. Tras as dimisións e despois dun pequeno descanso no que se reuniron os edís, Concepción Pérez Iglesias resultou elixida alcaldesa por seis votos a favor e un en branco.Poucos días despois, o xoves 15 de xaneiro de 1925, lemos a noticia na portada do xornal La Voz de Galicia. O xornalista titula o artigo: «Feminismo en acción». A noticia recolle que: «la magistratura popular por virtud del Estatuto municipal concede al bello sexo el derecho de tomar parte en las elecciones para el desempeño de cargos edilicios y también a ocuparlos». Máis adiante afirma: «la mujer gallega ha dado positivas pruebas de tacto, prudencia y talento administrativo, rigiendo y sustentando el hogar allí donde el hombre falta» (en fin!). E remata: «Alguna de las viudas de vivos que cantó Rosalía saben unir a la natural ternura de la feminidad, sin empañarla, la pujanza briosa, la capacidad de trabajo y el valeroso esfuerzo peculiares del sexo opuesto».Non sabemos se Concepción soubo facer todas esas cousas, pero si que sen dúbida loitou contra os prexuízos machistas fondamente arraigados nunha época de grande inestabilidade política, comprendida entre o golpe de estado que Primo de Rivera protagonizara o 13 de setembro de 1923 e xaneiro de 1930, momento en que o rei retomou as rendas do goberno apoiado por Berenguer.Durante cinco anos, até o 23 de xaneiro de 1930, exerceu dona Concepción como sabía e xusta edil do Concello de Portas, cuxas veciñas e veciños poden hoxe sentirse fondamente orgullosos.

2 comentarios:

DonFiliberto dijo...

Lo cual contradice al etnógrafo Clodio González Pérez al afirmar que la primera mujer alcaldesa fue la de A Cañiza en tiempos de la II República, Mª Purificación Gómez González en 1934.

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticia=506215

Lourenzo dijo...

De tódolos xeitos...Hurra!por ámbalas dúas...

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas