Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Maruja Mallo

5/3/09

Maruja Mallo


Ana María Manuela Isabel Josefa naceu o 5 de xaneiro de 1902 e morreu o 6 de febreiro de 1995 en Viveiro. En Avilés, comeza a pintar copiando ilustracións que aparecían nas revistas da época. Dada a súa capacidade intelectual os seus pais pagáronlle a un profesor de debuxo, pero non lle resultou xa que o deixou ó pouco tempo. No 1922 a familia trasládase a Madrid onde Maruja e o seu irmán Cristino entran a estudiar Belas Artes na Academia de San Fernando. é a partir de deixar a Academia cando empeza a colaborar con artistas importantes da época coma Rafael Alberti (ano 1929) no proxecto dun libro ilustrado. Un ano despois participa na “Exposición de Arquitectura y Arte Contemporáneo” que se celebrou en San Sebastián. Ó ano seguinte participa na “II Exposición de los Ibéricos”. Durante os anos 1945 e 1947 viaxa por Uruguai, Chile e Nova York e no ano 1952 retírase da vida pública. En 1982 recibe a medalla de ouro de Belas Artes que lle concedeu o Ministerio de Cultura, en 1990 a medalla de ouro da Comunidade de Madrid e en 1991 recibe a da Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas