Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A MIÑA AVOA

9/3/09

A MIÑA AVOA


Esa señora de avanzada idade, a única que está sentada, era a mestra dunha escola unitaria situada na parroquia de Grañas do Sor, no concello de Santa Marta de Ortigueira. Daquela compartían cadeira nenos e nenas de todas as idades e tamén xente adulta que ia aprender a ler e as catro regras. Esa señora era a miña avóa e nacera a finais do S. XIX no lugar de Chantada, parroquia de Souto, ayuntamiento de Paderne, "partido judicial de Betanzos y provincia de La Coruña" como ela soía repetir.

Tamén contaba moitas veces que o primeiro día de clase encargaba a un dos seus alumnos, unha vara de bimbio, e ao mellor o que a traía era o primeiro en probala.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas