Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Respostas Concurso Mulleres (martes)

11/3/09

Respostas Concurso Mulleres (martes)


CATALINA DE ERAUSO
(1592-1650)

Naceu en San Sebastián e foi filla dun militar. Aos catro anos foi
internada nun convento, pero o seu carácter inquieto e rebelde non
encaixaba moi ben na tranquila vida do convento, polo que aos quince anos
escapou do convento disfrazada de labrego. Durante un tempo viviu no
monte e viaxou de pobo en pobo sempre vestida de home e baixo diferentes
nomes. Chegou a Sanlúcar de Barrameda e alí embarcou para o Novo
Mundo.
En terras americanas desenvolveu diferentes oficios. En 1619 viaxou a
Chile onde, ao servizo do rei de España, participou en diversas guerras e
conquistas. Destacou no combate e adquiriu sona de valente e habelenciosa
no manexo das armas o que lle valeu adquirir o grao de alférez. Era
pendenciera como todos os soldados da época e participou en liortas e
duelos, nun dos cales feriu un cabaleiro que resultou ser o seu irmán Miguel.
Noutra ocasión, para evitar ser axustizada, viuse na obriga de pedir
clemencia ao bispo, contándolle que era muller e que escapara había
bastantes anos dun convento. Asombrado o bispo púxoa baixo a súa tutela e
enviouna a España.
Na corte foi recibida con honores polo rei Felipe IV, quen lle
confirmou o seu grao e emprego militar e denominouna “monxa alférez”.
Máis tarde as súas aventuras foron famosas en toda Europa e foi recibida
polo papa Urbano VIII, quen lle deu permiso para continuar vestindo de
home. Durante esta etapa escribiu as súas memorias Historia de la monja
alférez, publicadas en París moito máis tarde, en 1829. A partir de 1635 non
se sabe moito da súa vida, agás que morreu quince anos máis tarde, sen
embargo non se coñecen as circunstancias da súa morte pois uns din que foi
asasinada e outros que morreu nun naufraxio.

BETTY FRIEDAN
(1921-2006)
Naceu en Peoria (Illinois) no seo dunha familia xudía.
Estudou Psicoloxía no Smith College e en Berkeley. Decidiu
estudar a problemática das mulleres da súa época e as súas
conclusións recibiron o premio Putlizer co título A mística da
feminidade. A primeira edición tivo 3.000 exemplares e
chegou a vender tres millóns. No libro estuda as mulleres
dedicadas á súa casa, a coidar os seus e ocuparse da carreira
profesional do seu home, a estar presentables e guapas, a ser
expertas intendentes de cociña e ademais estar contentas coa
súa vida, seguindo o exemplo de Doris Day nas películas de
Hollywood. Nos anos cincuenta estas mulleres eran
despedidas do seu traballo ao casaren, os seus homes non
eran Rock Hudson e as reunións de venda de tupperware e
Avón acababan por deprimilas. Todo isto acabou por encher
os hospitais de enfermas non coñecidas anteriormente que
presentaban un malestar que nin as familias nin os médicos
coñecían. Era o malestar que non ten nome.
Socialista, revolucionaria e feminista rusa, naceu en San
Petersburgo nunha familia acomodada en l872 e morreu en
Moscú en l952.
Participou nos acontecementos revolucionarios rusos de
1905, escribindo artigos e organizando as traballadoras rusas.
Tivo que exiliarse a raíz da publicación dun artigo titulado
Finlandia e o socialismo no que animaba aos finlandeses a
sublevarse contra a ocupación rusa. Isto deulle a oportunidade de
viaxar por toda Europa.
Opúxose activamente a Primeira Guerra Mundial, polas súas
motivacións imperialistas ao servicio da clase dominante.
Ao comezar os sucesos que deron lugar a Revolución de
Outubro Alexandra Kollontai regresou a Rusia, onde foi elixida
membro do Comité Executivo do Soviet de Petrogrado. Cando
triúnfa a revolución foi nomeada Comisaria do Pobo para a
Asistencia Pública. Traballou activamente para conseguir os
dereitos e liberdades das mulleres.
A partir de 1921 queda relegada politicamente e é nomeada
embaixadora en Noruega, Suecia e México.

EMMA GOLDMAN
(1869-1940)
Naceu en Molins de Rei en 1888 e morreu en Montevideo en
1969. Traballou en moitas compañías de teatro aficionado antes
de comezar o seu traballo como profesional no teatro Romea de
Barcelona, onde rapidamente destacou polo seu extraordinario
talento.
A súa ductilidade como actriz permitíalle adaptarse a todos
os xéneros, desde o vodevil (La Xocolatera) á traxedia ( A dama
das camelias, de Dumas ou Salomé de Wilde).
En 1914 trasládase a Madrid. O éxito na escea castelá
chégalle da man de Pérez Galdós, do que estreou Marianela. A
súa época máis brillante foron os anos nos que estivo ao frente da
compañía do Teatro Español, onde representou aos máis
destacados dramaturgos españois e estranxeiros.
As súas montaxes dos clásicos do século de ouro
modernizaron a escea española, de onde fixo desaparecer o
exceso de elementos realistas e a cuncha do apontador. O seu
instinto dramático e o seu gosto polo risco levárona a apostar
polos novos autores, entre os que destaca Federico García Lorca.
A guerra civil española sorprendeuna de xira por América.
Exiliada voluntariamente en América do Sul, Margarita Xirgu
residíu en Arxentina e Uruguai, onde seguiu representando obras
de autores españois e contribuíu a formación de novas xeracións
de actores iberoamericanos.

MARÍA ZAMBRANO
(1904-1991)
Somaly Mam, (1970 Mondolkiri), orixinaria da minoría
étnica Phnong de Camboia, foi vendida como escrava en varias
ocasións e obrigada a exercer a prostitución ata que o seu actual
marido axudouna a saír dos burdeis de Phnon Penh no ano 1991.
Empezou a traballar axudando ás mulleres de forma voluntaria.
Casou e en 1993 foi a Francia onde estudou o idioma.
En 1995 regresa ao seu país con unha misión de Médicos
sen Fronteiras sobre campañas de prevención da SIDA con
grupos de alto risco, centrando a súa actividade nas formas de
vida e traballo das mozas explotadas sexualmente. Ao ano
seguinte fundou ( e preside actualmente) a fundación AFESIP “
Acción polas Mulleres en Situación Precaria”. En 1997 foi
nomeada vicepresidenta, primeiro, e presidenta despois, de
ECPAT (End Children Prostitution And Trafficking) en Camboia.
Tras unha intensa loita contra a prostitución, en 1998 viuse
obrigada a trasladarse a Francia, polas ameazas de morte que
recibía constantemente, desde onde continuou loitando “contra a
escravitude moderna”.
Ese mesmo ano recibiu o Premio Príncipe de Asturias de
Cooperación Internacional, xunto a outras mulleres.
A pesar das ameazas de morte regresou a Camboia onde vive co
seu marido e fillos, para seguir coa loita contra a explotación
sexual de mulleres e nenas.

FÁTIMA MERNISSI
1941
Escritora e ilustradora británica (Kensington, 1866- Sawrey,
1943). Pasou unha infancia solitaria e sen demasiado afecto. Máis
tarde, na súa xuventude, estudou Arte e Historia Natural, na
medida das súas posibilidades e non descubriu súa vocación
literaria ata os 35 anos. O amor polo campo adquiriuno durante as
vacacións familiares en Escocia.
Todos os seus personaxes gardan relación con lugares,
persoas e animais que Beatriz coñecía de verdade. Durante os
últimos trinta anos da súa vida, ao conseguir ser economicamente
independente –algo non ben visto nunha sociedade onde o
traballo remunerado estaba vetado ás mulleres de clase
acomodada- trasladouse a vivir a Lake District comezando unha
faceta de granxeira e defensora da natureza.
A súa ampla produción, orientada exclusivamente ao
público infantil, revela a Potter como unha minuciosa
observadora da natureza e como a creadora dun universo en
miniatura poboado de curiosos habitantes, entre os que destacan
o coello Peter Rabbit e o pato Jemina Puddle-Duck.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas