Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade
Complutense de Madrid, publicou máis de 200 traballos
científicos. Foi discípula de Severo Ochoa, co que traballou nos
Estados Unidos despois de facelo con Alberto Sols en Madrid.
Casada co tamén científico Eladio Viñuela, ambos encargáronse
de impulsar a investigación española no campo da bioquímica e
da bioloxía molecular. Cousa que fai no ano 1967 co seu traballo
sobre “Replicación e control da expresión do DNA do virus Ø29”
Pertence ás máis prestixiosas sociedades e institutos
científicos nacionais e internacionais, colaborando e sendo
membro do consello editorial das máis importantes publicacións
científicas. Obtivo diferentes galardóns, sendo nombrada
'Investigadora europea 1999' pola UNESCO e recibiu o premio
Jaime I de investigación en 1994. Foi nomeada directora do
Instituto de España, organismo que agrupa á totalidade das
academias científicas españolas.
Socialista, revolucionaria e feminista rusa, naceu en San
Petersburgo nunha familia acomodada en l872 e morreu en
Moscú en l952.
Participou nos acontecementos revolucionarios rusos de
1905, escribindo artigos e organizando as traballadoras rusas.
Tivo que exiliarse a raíz da publicación dun artigo titulado
Finlandia e o socialismo no que animaba aos finlandeses a
sublevarse contra a ocupación rusa. Isto deulle a oportunidade de
viaxar por toda Europa.
Opúxose activamente a Primeira Guerra Mundial, polas súas
motivacións imperialistas ao servicio da clase dominante.
Ao comezar os sucesos que deron lugar a Revolución de
Outubro Alexandra Kollontai regresou a Rusia, onde foi elixida
membro do Comité Executivo do Soviet de Petrogrado. Cando
triúnfa a revolución foi nomeada Comisaria do Pobo para a
Asistencia Pública. Traballou activamente para conseguir os
dereitos e liberdades das mulleres.
A partir de 1921 queda relegada politicamente e é nomeada
embaixadora en Noruega, Suecia e México.
Naceu en Molins de Rei en 1888 e morreu en Montevideo en
1969. Traballou en moitas compañías de teatro aficionado antes
de comezar o seu traballo como profesional no teatro Romea de
Barcelona, onde rapidamente destacou polo seu extraordinario
talento.
A súa ductilidade como actriz permitíalle adaptarse a todos
os xéneros, desde o vodevil (La Xocolatera) á traxedia ( A dama
das camelias, de Dumas ou Salomé de Wilde).
En 1914 trasládase a Madrid. O éxito na escea castelá
chégalle da man de Pérez Galdós, do que estreou Marianela. A
súa época máis brillante foron os anos nos que estivo ao frente da
compañía do Teatro Español, onde representou aos máis
destacados dramaturgos españois e estranxeiros.
As súas montaxes dos clásicos do século de ouro
modernizaron a escea española, de onde fixo desaparecer o
exceso de elementos realistas e a cuncha do apontador. O seu
instinto dramático e o seu gosto polo risco levárona a apostar
polos novos autores, entre os que destaca Federico García Lorca.
A guerra civil española sorprendeuna de xira por América.
Exiliada voluntariamente en América do Sul, Margarita Xirgu
residíu en Arxentina e Uruguai, onde seguiu representando obras
de autores españois e contribuíu a formación de novas xeracións
de actores iberoamericanos.
Coretta Scott naceu o 27 de abril en Alabama, EE UU.
Estudiou voz nun Conservatorio de Música de Nova Inglaterra e
pensaba dedicarse á canción cando unha amiga lle presentou a
Martín Luther King, un mozo ministro baptista que estudaba na
Universidade de Boston. Casaron en 1953 e tiveron 4 fillos que
seguiron os pasos dos seus pais ao covertérense en activistas e
defensores dos dereitos humanos. Cando asasinaron ao seu
marido en l968 ademais de dedicarse a preservar a súa memoria
seguiu loitando polos dereitos civís dos negros.
Foi unha muller de grande firmeza, mostrou un enérxico
rexeitamento en temas como a pena de morte e a invasión de Irak
no ano 2003. Foi portavoz de moitas minorías e infatigábel
loitadora a favor dos dereitos da muller, participou en numerosas
campañas, entre elas as dirixidas á prevención da sida.
Nos anos 80, Coretta reafirmou a súa oposición a
segregación da poboación negra, participando nunha serie de
protestas en Washington que inspiraron a todo o país a
manifestarse en contra das políticas racistas de Sudáfrica.
Ensaísta e filóloga alemana (Berlín 1851 – Porto 1925).
Desde a súa xuventude dedicouse ao estudo das linguas e
literaturas románicas, clásicas, eslavas e semíticas.
Entrou en relación, despois de traballar como intérprete,
con literatos portugueses e casou con Joaquim de Vasconcelos
(1876), a quen coñeceu a través dunha correspondencia
científica. Marchou a vivir a Porto e, desde entón, dedicouse ao
estudo e investigación, sobre todo o relacionado coa literatura e
costumes portuguesas. Ensinou, desde 1911, na Universidade de
Lisboa e despois na de Coimbra, cousa excepcional naquela
época por ser muller. Colaborou con numerosas fundacións e
institucións. Foi nomeada doutora honoris causa pola
universidade de Friburgo, de Coimbra e de Hamburgo. O
goberno portugués, para premiar os seus valiosos méritos,
concedeulle a medalla de Santiago (1901). Recibiu premios e
recoñecemento internacional.
As súas obras máis importantes céntranse na literatura
española e portuguesa: Romancero del Cid, Tres flores del teatro
antiguo español. Editou o famoso Cancionero de Ajuda, conxunto
de poesías da literatura galego-portuguesa medieval.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario