Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Respostas Concurso Mulleres (mércores)

12/3/09

Respostas Concurso Mulleres (mércores)

MARÍA SYBILLA MERIAN
(1647-1717)

Naceu en Frankfurt. Era filla dun artista e gravador moi
coñecido. No obradoiro do seu pai, seguindo os pasos típicos da filla
dun mestre artesán, fixo de aprendiza e coñeceu as técnicas do
debuxo, a pintura e a augaforte, despois aprendeu o gravado. Casou
co pintor John Graff e os dous traballaron como pintores. Era unha
muller independente e segura de si mesma e vendía teas de liño e
seda pintadas por ela mesma con flores. Organizou un obradoiro de
mulleres novas, todas fillas de pintores, que facía de aprendizas e
axudantes dela. Alí experimentaron diferentes métodos para facer as
teas máis duradeiras, concretamente un baño de cor que resistía
diferentes lavados.
No ano 1685 separouse do seu home, ingresou coas súas dúas
fillas na comunidade labandista e recuperou o seu nome de solteira.
Disolta a comunidade, trasladouse a Amsterdam, alí puido estudar as
magníficas coleccións naturalistas que tiña a cidade, pero ela estaba
máis interesada nos ciclos da vida dos insectos que nos insectos
mortos. A súa primeira publicación foi Metamorfoses fantásticas e
alimentación especial das eirugas, onde describía con debuxos a
transformación das eirugas. A súa segunda publicación foi un libro de
flores en color, Neus Blumenbunch, para o traballo do gremio de
pintores, onde desenvolvía unha nova técnica de impresión baseada
na augaforte.
Foi a entomóloga máis citada do século XVIII e deixou a súa
pegada na identificación de seis plantas e nove bolboretas, das cales
dúas levan o seu nome.

ELEANOR OMEROD
(1828-1901)

Eleanor Ormerod era filla dunha ilustradora botánica e dous
dos seus irmáns, así como a súa irmá, foron naturalistas. Comezou
a estudiar entomoloxía en 1852 na facenda do seu pai,
traballando en insectos dañinos para as prantas, bosques e
animais domésticos, pero tamén se ocupou de caracois, babosas,
vermes, arañas e fungos, así como dos equilibrios biolóxicos da
natureza.
Dedicou a súa vida ao servicio social da ciencia, publicando
moitos informes e folletos, que distribuía de forma gratuita, sobre
plagas de insectos e o modo de combatelas, utilizando
substancias químicas tales queroseno, aceite mineral, auga e
xabón, así como métodos manuais como a queima e a poda.
Foi membro honorario de moitas institucións e entomóloga
consultora durante dez anos da Real Sociedade Agrícola
Británica. Imparteu conferencias no Colexio Real de Agricultura e
no Museo de Kensigton, sendo a primeira muller que recibiu o
doutoramento honoris causa pola Universidade de Edimburgo en
1900. En 1898 foi recomendada para unha cátedra de
entomoloxía económica, especialidade na que foi pioneira pero,
aínda que non había unha persoa idónea, rexeitárona por ser
muller.

SOMALY MANN
(1970)

Somaly Mam, (1970 Mondolkiri), orixinaria da minoría
étnica Phnong de Camboia, foi vendida como escrava en varias
ocasións e obrigada a exercer a prostitución ata que o seu actual
marido axudouna a saír dos burdeis de Phnon Penh no ano 1991.
Empezou a traballar axudando ás mulleres de forma voluntaria.
Casou e en 1993 foi a Francia onde estudou o idioma.
En 1995 regresa ao seu país con unha misión de Médicos
sen Fronteiras sobre campañas de prevención da SIDA con
grupos de alto risco, centrando a súa actividade nas formas de
vida e traballo das mozas explotadas sexualmente. Ao ano
seguinte fundou ( e preside actualmente) a fundación AFESIP “
Acción polas Mulleres en Situación Precaria”. En 1997 foi
nomeada vicepresidenta, primeiro, e presidenta despois, de
ECPAT (End Children Prostitution And Trafficking) en Camboia.
Tras unha intensa loita contra a prostitución, en 1998 viuse
obrigada a trasladarse a Francia, polas ameazas de morte que
recibía constantemente, desde onde continuou loitando “contra a
escravitude moderna”.
Ese mesmo ano recibiu o Premio Príncipe de Asturias de
Cooperación Internacional, xunto a outras mulleres.
A pesar das ameazas de morte regresou a Camboia onde vive co
seu marido e fillos, para seguir coa loita contra a explotación
sexual de mulleres e nenas.

ROSALÍA DE CASTRO
(1837-1885)

Naceu en Santiago, filla dun seminarista e unha fidalga.
Durante os seus primeiros anos estivo baixo os coidados da súa
madriña en Ortoño. No 1850, Rosalía trasládase a vivir a Santiago
coa súa nai, alí estudará música e debuxo e coñecerá aos
intelectuais do momento a través da Sociedade de Amigos do
País. Nestes anos xa mostra inclinación pola literatura e participa
en obras teatrais como actriz.
En 1856 Rosañia vai vivir a Madrid, alí compón poemas e
publica o seu primeiro poemario en castelán: La flor (1857). O
historiador Manuel Murguía publica unha crítica moi favorábel do
libro na prensa e así se coñecerán estes dous autores que casarán
no outono de 1859. O matrimonio volve a Galicia e máis tarde
Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas
(Valladolid). O matrimonio terá seis fillos.
Durante a súa estadía en Castela, Rosalía escribirá a
totalidade dos poemas de Cantares Gallegos e parte dos de
Follas Novas. A publicación de Cantares Gallegos en 1863 marca
un fito na historia da nosa literatura e inaugura o período
coñecido como Rexurdimento.
Nos derradeiros anos da súa vida sofre un cáncer que a
levará a morte en xullo de 1885.
É a escritora máis importante das nosas letras e a súa obra
está traducida á maior parte das linguas do mundo.


BEATRIX POTTER
(1866-1943)

Escritora e ilustradora británica (Kensington, 1866- Sawrey,1943).
Pasou unha infancia solitaria e sen demasiado afecto. Máis
tarde, na súa xuventude, estudou Arte e Historia Natural, na
medida das súas posibilidades e non descubriu súa vocación
literaria ata os 35 anos. O amor polo campo adquiriuno durante as
vacacións familiares en Escocia.1943
Todos os seus personaxes gardan relación con lugares,
persoas e animais que Beatriz coñecía de verdade. Durante os
últimos trinta anos da súa vida, ao conseguir ser economicamente
independente –algo non ben visto nunha sociedade onde o
traballo remunerado estaba vetado ás mulleres de clase
acomodada- trasladouse a vivir a Lake District comezando unha
faceta de granxeira e defensora da natureza.
A súa ampla produción, orientada exclusivamente ao
público infantil, revela a Potter como unha minuciosa
observadora da natureza e como a creadora dun universo en
miniatura poboado de curiosos habitantes, entre os que destacan
o coello Peter Rabbit e o pato Jemina Puddle-Duck.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas