Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Pistas Concurso Mulleres (xoves)

12/3/09

Pistas Concurso Mulleres (xoves)



PISTAS MULLER 1
- Filla dunha familia da alta burguesía británica, naceu
en Durham en 1868.
- Estudou na Universidade de Oxford, sendo a primeira
muller en levar un sobresaliente en Historia Moderna.
- Tradutora de poesía do árabe ao inglés, intrépida
viaxeira, arqueóloga, fotógrafa, montañeira, ...
- Foi a maior especialista na complexa política de
Oriente e como tal participou na reorganización das
súas fronteiras ao final da Primeira Guerra Mundial.
- Foi alcumada “a Lawrence de Arabia feminina”.



PISTAS MULLER 2
1.- Nace en 1640 e é levada de moi nena a
Surinam.
2.- Foi a primeira escritora profesional da
literatura inglesa.
3.- Foi célebre polas súas conquistas amorosas.
Foi amante do rei Carlos II, para o que traballou
como espía en Antwerp en 1666.
4.- Virxinia Woolf reivindicou a súa memoria en
Unha habitación propia.
5.- A súa farsa O emperador da lúa (1687),
inspirada na Commedia dell Arte, contribúe ao
avance do xénero da pantomima moderna.

PISTAS MULLER 3
1. Traballou como costureira.
2. Viviu a Guerra Civil no País Vasco.
3. Viviu no Courel.
4. Era escritora e só publicou un libro en vida.
5. Durante o 2007 escoitamos falar moito dela.




PISTAS MULLER 4
1. Concertista austríaca.
2. Naceu en 1751.
3. Irmá dun músico moi famoso.
4. Seu pai dedicoulle un libro.
5. A pesar de quedar cega continuou
ensinando música.



PISTAS MULLER 5
1. É Birmana.
2. Estudou ciencias políticas.
3. Foi Secretaria Xeneral da Liga Nacional.
4. Foi arrestada por participar en
manifestacións contra o réxime militar.
5. Loita pola defensa dos dereitos humanos no
seu país.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas