Naceu en Durham (Reino Unido). Era neta dun magnate da
siderurxia. Estudou na Universidade de Oxford e foi a primeira
muller que levou un sobresaliente en Historia Moderna nesta
Universidade. Viaxou por todo o mundo. Entre as súas
amizades estiveron T.E. Lawrence, máis coñecido por
Lawrence de Arabia, e Wiston Churchill. Ningunha muller na
súa época chegou a alcanzar tanto poder coma ela e a coñecer
e relacionarse cos personaxes máis importantes da época, xa
foran diplomáticos, gobernadores ou reis. Foi a maior
especialista na complexa política de Oriente Próximo. Tras a
primeria Guerra Mundial, axudou a trazar as fronteiras do
moderno Iraque e utilizou todo o seu poder para colocar no
trono ao rei Faisal. Foi alcumada “Lawrence de Arabia
feminina”.
APHRA BEHN
Non hai certeza sobre a data e o lugar do nacemento de
Aphra. Parece que naceu no 1640. De nena viviu na Guaiana
holandesa en Surinam, onde viviu varias rebelións de escravos,
feito que reflicte despois na súa obra Oroonoko. Aos dezaoito
anos volve a Londres e en 1664 casa con un rico comerciante
alemán. Queda viúva aos tres anos de casada e faise famosa polas
súas conquistas amorosas.Traballa de espía en Antwerp durante a
guerra de Inglaterra con Holanda. Perde toda a súa fortuna e ao
volver a Inglaterra pasa un tempo no cárcere por débedas. A
partir deste momento ten que vivir só da literatura.
É autora de audaces comedias de argumento amoroso,
poemas, dramas e novelas, entre as que destaca a citada
Oroonoko ou O escravo real (1688), a primeira novela
antiescravista e onde anticipa o realismo de Daniel Defoe. Moitos
ven nesta obra a primeira novela filosófica en lingua inglesa. O
mellor da súa obra son as comedias: O matrimonio forzoso, O
vagabundo,etc.. Nas súas obras trata preferentemente a relación
entre sexo e o poder, tanto no persoal como no político. A súa
actitude independente non se consideraba propia dunha muller,
polo que tivo que soportar certa fama de libertina.
Virxinia Woolf reivindicou a súa memoria en Unha
habitación propia.
MARÍA MARIÑO CAROU
Naceu en Noia. A súa familia era de condición humilde.
María asistiu pouco a escola e moi nova tivo que poñerse a
traballar cosendo polas casas polo que foi coñecida como María
“a costureira”. Debido ás dificultades económicas da súa familia,
pouco antes da Guerra Civil trasladouse a Boiro, á casa dunha tía
que traballaba no Pazo de Goiáns, en cuxa biblioteca María vai
pasar moitas horas e enriquecerá a súa formación.
Durante a Guerra Civil viviu no País Vasco pero pouco antes
do fin da mesma volveu cos seus pais a Boiro. Alí coñecerá o que
será o seu home, Roberto Posse que era mestre. Acabados de
casar marchan para o País Vasco onde Roberto exercerá de
mestre e teñen un fillo que morre ao mes e medio de nacer. A
mediados dos anos corenta deciden volver de novo a Galicia
onde vivirán primeiro en Arzúa e logo en Romeor do Courel e
Parada do Courel onde coñece ao poeta Uxío Novoneyra que terá
influencia na súa obra.
Publica un poemario en vida Palabra no tempo (1963) e
outro póstumo Verba que comeza (1990). Este ano dedicaráselle o
Día das Letras Galegas.
MARÍA ANNA MOZART
Clavecinista austríaca máis coñecida como Nannerl. Naceu
o 30 de xullo de 1751 en Salzburgo. De familia de músicos, era
filla de Leopoldo e irmá de Wolfgang Amadeus. Seu pai
ensinoulle desde moi pequena música xunto co seu irmán e
dedicou aos dous nenos a dar concertos por toda Europa con
grande éxito. Para ela, seu pai escribiu O libro da música de
Nannerl; non debemos esquecer que aos dez anos de idade xa
era profesora de música.
Na súa época estaba mal visto que unha muller tocara
segundo que instrumentos musicais, e moito máis que
compuxera, e isto, engadido á ríxida disciplina do pai fixo que a
obra de Anna María pasase case desapercibida por completo,
aínda cando hai constancia de que foi interpretada polo seu
irmán.
Nannerl continuo de maior a súa carreira como clavecinista
ata que casou co barón Sonnenberg. Ao quedar viúva xa maior,
viviu dunha pequena renda, o que a obrigou a seguir dando
clases. Quedou cega en 1824 e a pesar diso continuo traballando.
Dedicouse a ensinanza da música na súa cidade.
AUNG SAN SUU KYI
Política birmana. Estudou filosofía, ciencias políticas e
economía en Gran Bretaña, en 1989 foi cofundadora e secretaria
Xeral da Liga Nacional para a Democracia, movemento opositor
da dictadura, e ese mesmo ano foi arrestada pola súa
participación en manifestacións contra o réxime militar. Nas
eleccións de 1990 o seu partido obtivo o 80 % dos escanos
parlamentarios, posteriormente invalidados pola dictadura no
poder. Sufriu arresto domiciliario no seu país. En 1991
concedéuselle o premio Nobel da Paz pola súa loita a favor dos
dereitos humanos no seu país. En 1995 foi posta en liberdade
polo goberno birmano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario