Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Parga Pondal, o pai da xeoloxía galega, homenaxeado no Día do Científico

7/4/09

Parga Pondal, o pai da xeoloxía galega, homenaxeado no Día do Científico



Isidro Parga Pondal (1900-1986) foi o escollido para a edición deste ano do Día do Científico, que se celebrará o vindeiro 23 de abril. A Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) recoñécelle así o seu traballo no campo da xeoquímica e o seu papel na xeoloxía galega. Ademais de fundar o Instituto Mineralóxico de Laxe, foi o autor do primeiro mapa xeolóxico galego e formou a moitos profesionais neste ámbito.O presidente da RAGC, Ernesto Viéitez, deu a noticia acompañado do intelectual Isaac Díaz Pardo e do neto de Parga Pondal, Isidro Parga Menéndez. Os tres lembraron o carácter pioneiro do homenaxeado deste ano e a importancia do seu legado.Máis información sobre Parga Pondal en culturagalega.org.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas