Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Jerome D. Salinger reaparece na vida pública

3/6/09

Jerome D. Salinger reaparece na vida pública

Salinger, que leva décadas afastado da sociedade e alleo á fama presentou unha demanda en Nova York contra o autor, a editorial e a distribuidora dunha nova novela que se anuncia como a secuela da súa aclamada obra The Catcher in the Rye.
A novela co título 60 Years Later: Coming Through the Rye
de escritor anónimo que asina baixo o pseudónimo de J.D. California preséntase como unha continuación do O vixía no centeo.
Salinger considera que o libro infrinxe os seus dereitos de autor.
A chamada secuela presenta, segundo a demanda, a Holden Caufield, o famoso protagonista d'O vixía no centeo percorrendo as rúas de Nova York logo de fuxir dunha residencia de anciáns nunha trama ambientada uns sesenta anos logo da época retratada na obra orixinal.
O libro de J.D. Salinger, que non publica ningún traballo desde hai catro décadas e xamais escribiu unha secuela da obra en cuestión, situaba a Caufield como un adolescente rebelde e narraba as súas experiencias quijotescas pola Gran Mazá.
A demanda presentada en Nova York defende que o dereito a escribir unha secuela do clásico da literatura estadounidense así como a utilizar o nome do seu protagonista corresponden unicamente a Salinger.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas