Blog da Biblioteca do IES de Curtis: ANO DO LIBRO E DA LECTURA DE GALICIA 2010

24/7/09

ANO DO LIBRO E DA LECTURA DE GALICIA 2010

O Consello da Xunta aprobou onte a declaración do 2010 como 'Ano do Libro e da Lectura de Galicia' co obxectivo de integrar as medidas de promoción do libro e fomento da lectura dentro do próximo Ano Xacobeo. As institucións públicas galegas, os centros de ensino, as bibliotecas, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia dedicarán unha parte da súa actividade a pór de relevo esta manifestación contribuíndo ao recoñecemento do libro como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura e da lingua galegas.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas