De nai checa e pai serbio, Mladen George Sekulovich posuía unha sólida formación teatral e unha gran presenza sobre as táboas e ante a cámara. Aos 22 anos cambiouse o nome, aínda que lle quedou o costume de utilizar o seu apelido, Sekulovich, como recurrente «morcilla» en diálogos das súas películas, obras e series de televisión.
Entre os seus traballos inesquecibles; Un tranvía de nome desexo (1951), A lei do silencio (1954), O home de Alcatraz(1962), A conquista do Oeste (1962) ou Patton (1970). Nesta última interpretou ao xeneral Omar Bradley, que aínda vivía e fixolle de asesor durante a rodaxe. A súa épcoa dourada no cinema rematou con Summertime Killer (1972)
No hay comentarios:
Publicar un comentario