Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Libros para o veran

6/7/09

Libros para o veran


A fada das lapas ...É un relato de amores sobrenaturais e de amores humanos, de amores entre homes e mulleres e de amores materno-paterno-filiaiais; é tamén un libro de vontades, de desexos, de audacias, de fortalezas, de valentías e de ousadías. O autor, Manuel Janeiro definiu o amor “coma un lume que nos consume e arrebata, que poucas veces podemolo controlar, que condiciona as nosas vidas, enchéndoas de forza e de enerxía, e que efectivamente se continúa e nos continúa na descendencia, marabillosa consecuencia do encontro das criaturas (aínda que ás veces produza profundos sufrimentos)”.Entre a traxedia e o mito, esta nova achega de Manuel Janeiro é un deses libros difíciles de deixar, unha vez iniciada a súa lectura.Trátase dun libro no que, cunha prosa transparente e chea de humanidade, Janeiro reflexiona sobre o drama que implica toda perda dos fillos. O volume, publicado por Galaxia, está ilustrado pola pintora coruñesa Zita Delaco
Para ler un anaco aqui
Así fala Marta Dacosta desta novela de Janeiro no seu blog
Este conto é unha alegoría da incomunicación que conduce á traxedia, o heroe non morre, mais queda destruído para sempre e só entón, comprende a importancia da entrega e a comprensión.Desde o meu punto de vista, un dos momentos máis fermosos é a xestación do neno e o seu nacemento.Na fada das lapas, como en todo conto marabillosos hai un agresor e unha vítima, mais neste relato esas funcións non as desenvolve sempre a mesma personaxe, porque, como na complexa realidade, os nosos actos poden ser egoístas e estar cheos de amor, e unha veces producimos o maior dano do que somos capaces a quen máis amamos, para logo entregar a nosa vida por ese mesmo ser.Algo así sucede neste relato fantástico que é un transposición dunha convivencia difícil, dese lugar desolado en que o centro do amor é ignorado, mentres todos cren loitar por el. Unha nai e un pai enfrontados, que loitan até o final polo fillo nacido do seu amor.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas