Frank McCourt,o autor, morreu esta semana, en Nova York aos 78 anos.era profesor de lingua e literatura , saltou á fama con Las cenizas de Ángela (1996), o seu primeiro libro, no que narra as súas memorias sobre a pobreza na que viviu en Estados Unidos e Irlanda durante a súa nenez. Con esta novela gañou o premio Pulitzer á mellor biografía, recibiu tamén o premio da Crítica e o Libro do Ano en Estados Unidos.
Ao xubilarse, McCourt lanzouse a escrita xunto co seu irmán Malachy , da colaboración xurdiu Un par de sinvergüenzas 1984, Los irlandeses, y como llegaron a ser como son .
McCourt dota de verosimilitude a novela co uso da primeira persoa (o protagonista é o narrador da vida diaria da súa familia na Nova York dos anos trinta)integrando ao lector-"oínte" na historia.
A crudeza irónica con que se narran os feitos engancha desde as primeiras liñas.
Un aspecto interesante na novela é o tratamento que o autor fai da Igrexa. Amósanos un mundo dominado pola represión relixiosa ,unha Igrexa abominable que non predica co exemplo. MacCourt enfronta ao inocente protagonista cunha igrexa lonxana, dogmática, e corrupta, só ao final a imaxe de San Francisco de Asis se libra un pouco desa visión.Esta é unha historia drámatica pero de superación, con un chisco de humor, con denuncia social e con moitas doses de esperanza.
Las cenizas de Ánxela se adaptou ao cine, nunha película dirixida por Alan Parker e que protagonizaron Emily Watson e Robert Carlyle.
Ademáis de esta novela o finado McCourt publicou en 1999 Lo es, a segunda parte das súas memorias, que arrinca co seu regreso a Nova York, aos 19 anos, novela á que seguiu EL profesor, en 2005, e dous anos despois "Ángela y El Niño Jesús", un relato navideño para nenos.
O escritor vivía coa súa esposa Ellen, con quen casou en segundas nupcias, e tiña unha filla, Maggie, e tres netos.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario