Blog da Biblioteca do IES de Curtis: SEMANA BRANCA

19/7/09

SEMANA BRANCA



Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.
LANCE PRIMEIRO

Érguese o pano e aparece unha corte aldeán. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío i enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgracia. 0 pranto debe ter unha gracia choqueira, para que estoupen da risa os de “patio de butacas”.
E cando se fartan de ri-los señoritos, baixará o pano.

http://www.kaosenlared.net/noticia/todas-todos-vos-loita-do-sector-leiteiro-segue-adiante
http://www.kaosenlared.net/noticia/sindicato-labrego-galego-denuncia-extorsom-das-grandes-superficies-da-

http://www.kaosenlared.net/noticia/labregos-labregas-retenhem-um-camiom-recolha-leite-na-marinha

1 comentario:

Curtisbiblio dijo...

”A vaca é o símbolo da paz.

Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: ” O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealíco dun aristócrata”.

A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Nonos pode dar máis.

O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra aos pobres que van polos camiños.En troques a vaca é o amparo dos pobres libres.

Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os “concursos de Belleza”.

A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.

As “señoritas” que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca.

Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morrería desnutrida.A vaca é a ama de cría da Humanidade.

O día que nós emitamos papel-moeda non estamparemos nel o retrato dos políticos, nin dos sabios, nin dos artistas; estamparíamos somentes, a figura dunha vaca, como símbolo da nosa economía humanamente distribuida.

O día que Galiza sexa unha comunidade cooperativa ergueremos un gran moimento cunha vaca de bronce dourado.

Tamén hai razas de vacas, e a mellor é a nosa.

O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida.

A. Daniel Rodríguez Castelao

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas