O barco é xeitoso e o día perfecto, soleado e despexado cunha lixeira brisa.
Avanzamos; bateas, gaviotas e cormorans. Uns optan por gozar do sol de proa, outros prefiren a sombra da popa . Auga, bateas e sol, moito sol, chegamos a A Rúa, outros barcos están fondeados alí. Aproveitamos para darnos o primeiro baño, o auga está fría,moi fría, friiiisima.Secámonos ao sol, dando un paseo pola illa. Cánsamos do paseo e a fame e a sede aparecen,hora das bebidas,os mexilons,os petiscos e a paella. Tralo café, navegamos cara a Sálvora, non Na noite estrelecida senon baixo un sol de xusticia. Salvora foi elevada por Cabanillas a lugar sagrado dos celtas nela localiza as fantasías de Merlín e os soños do rei Arturo. Sálvora ;pazo, praia pantalán e funcionaria do parque natural que nos explica as condicións da visita..Facemos o paseo que nos deixan ; ruínas da vella aldea, cabalos e fonte milagrosa, A illa de Sálvora é sen dúbida unha das máis peculiares do Parque dás Illas Atlánticas, cun pobo que permanece abandonado e unha antiga fábrica de salazón , convertida en Pazo de vacacións para uso do Marqués que durante tempo pasaba as súas horas de asueto e caza neste lugar paradisíaco. Enfilamos o regreso, chegamos a porto pasadas as oito coa sensación de que mereceu a pena a viaxe e que sería cousa de recuncar nun día non lavorable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario