Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Un soneto de MODESTO FRAGA

14/8/09

Un soneto de MODESTO FRAGA

AQUEL VERÁN DIXECHES QUE ME AMABAS.
Non era amor, mais ti falabas delo.
Falábasme do amor do noso selo
e que era a min soamente a quen buscabas.
Aquel verán dixeches que me amabas.
Que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo:
percorrer cos teus beizos o meu pelo
e tocarme coma só ti me tocabas.
Aquel verán dixeches que me amabas.

Que non tiveras antes quen te amara,
nin quen te amara tanto ti tiveras.
Aquel verán dixeches que me amabas.

Dixeches que deixándome perderas
o día en que pra sempre te marchabas.

2 comentarios:

Curtisbiblio dijo...

A foto é do río Mandeo.

De fondos y formas. dijo...

As primeiras achegas de Modesto Fraga á poesía galega remóntanse á súa participación nas actividades levadas a cabo polo Batallón Literario dá Costa dá Morte. Así, os seus primeiros versos publicados figuran no volume De mar e vento 1997 onde colaboran outros catro autores pertencentes ao Batallón. Son varios os premios de poesía que gañou, como o Rosalía de Castro, o Avelina Valladares, o Francisco Añón, o Fernández do Riego e O Grelo, grazas ao que ve a luz o seu primeiro poemario individual: Do amor salgado 1997. Nesta obra xa se presenta Modesto Fraga como un poeta do amor para o que a natureza agreste da súa Fisterra natal constitúese en leitmotiv constante. Mar de ausencia (2000) e Ese estraño silencio (2002) completan a súa nómina de obras individuais. É membro do Pen Club Galego e figura na antoloxía A poesía é o gran milagre do mundo 2002.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas