Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Ourol, rende homenaxe por primeira vez ás Casabella

14/8/09

Ourol, rende homenaxe por primeira vez ás Casabella

Josefa, Felicitas, Encarnación e a neta desta última foron tiroteadas na súa casa de Candedo por militares que cercaban a un dos irmáns Templás, Alejandro, condenado en Lugo a 12 anos de cárcere "por auxilio á rebelión" e protexido das mulleres. Templás, carpintero de 27 anos, conseguiu escapar ao cerco -aínda que falecería pouco despois tras pasar varios días deambulando polo monte-, pero non así as Casabella. Nin sequera houbo compaixón para a máis nova, unha nena de 10 anos. Xunto a ela morreron a súa nai, a súa tía e a súa avóa. Á anciá e a unha das súas fillas nin sequera deixáronlles saír de casa. Á pequena e á súa tía descubríronas nas cuadras e matáronas diante dos seus veciños. Era verán, o tempo da malla, e os falangistas finiquitaron a súa tarefa prendendo lume ao trigo, á vivenda e ao gando das Casabella. O que veu despois fíxose co maior dos sigilos, e aínda así resultou fatal. Francisco, un veciño das mulleres , aventurouse a enterrar os cadáveres á beira do antigo cemiterio de Santa María de Ourol, fóra do chan sagrado. Francisco tiña vacas e un carro ao que subiu os catro corpos, cubriunos con palla, pero o camiño tiña moitos baches e os cadáveres quedaron á vista de todos, os gardas decatáronse do truco e déronlle unha malleira.

http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/2009/02/as-irmas-touza-dominguez.html

1 comentario:

Biblioteca Sarmiento dijo...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/fosa/perdida/Casabella/elpepiautgal/20090814elpgal_14/Tes/
Hoy, de la fosa común en la que fueron enterradas no queda nada, pero el recuerdo de las Casabella sigue muy vivo entre los vecinos de Ourol, que han creado su propia leyenda de aquella tragedia. "Existen varias versiones del caso y todos los que hemos crecido aquí hemos escuchado alguna vez a nuestros mayores hablar de las Casabella", reconoce Otero.
Los hermanos Templás, Alejandro y Xosé, naturales de la parroquia de Merille, también serán homenajeados en el acto de esta tarde en Candedo. El segundo de ellos, Xosé, llegó a ser secretario general del Partido Comunista en Galicia, hasta que cayó en Monfero en 1951.
La represión franquista en Ourol se saldó con ocho fallecidos: las cuatro Casabella, Alejandro y Xosé Templás, José Fernández Paisano (condenado a muerte y ejecutado en 1937) y José Fernández Picos Barrendeiro (desaparecido). Pero las represalias también tomaron forma de sanciones, condenas a prisión y expedientes de depuración. La mayoría de los represaliados trabajaban en el campo, pero también había herreros, chóferes y maestros, todos hombres jóvenes. Sin embargo, la mujer tuvo su papel en la resistencia. "Ellas sufrieron la represión tanto o más que ellos", subraya Antonio Veiga, responsable del BNG en A Mariña. "En A Pontenova, los vecinos todavía tienen el sonido de las balas en la cabeza", añade.
La actividad sindical fue intensa en A Mariña durante los años previos a la Guerra Civil. UGT y CNT tuvieron un fuerte protagonismo en Ourol, Viveiro -el polo industrial de la comarca- y A Pontenova y los montes fueron prolíficos en guerrilleros que hoy son leyenda. Entre ellos Luís Trigo, O Gardarríos (desempeñaba este trabajo en el río Masma), ejecutado en 1948 tras ser víctima de una trampa: en Vilanova de Lourenzá lo esperaban, a él y a su compañera, con las luces apagadas.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas