Blog da Biblioteca do IES de Curtis: WOODSTOCK 1969, hai corenta anos

14/8/09

WOODSTOCK 1969, hai corenta anos



O festival converteuse na icona do hippismo e dunha xeración de mozos enfastiada das guerras que pregoaba a paz e o amor como forma de vida e mostraban o seu rexeitamento ao sistema capitalista.

Considerado un dos mellores festivais de música e arte da historia, congregou 500.000 de espectadores durantes os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969. A organización esperaba 60.000, e estímase que 250.000 non puideron chegar. Coñéceselle como Woodstock porque inicialmente estaba programado que tivese lugar nun lugar do pobo de Woodstock, en Ulster County.
O festival converteuse na icona dunha xeración de norteamericanos enfastiada das guerras e que pregoaba a paz e o amor como forma de vida e mostraban o seu rexeitamento ao sistema.
O pacifismo, o amor libre, a vida en comunas, o ecoloxismo, e o amor pola música e as artes, eran os ideais que levou a parte desa xeración a participar deste festival.
Realizouse un famoso documental sobre este concerto, dirixido por Michael Wadleigh e montado por Martin Scorsese. Foi estreado en 1970 e gañou o Premio Oscar ao mellor documental.
Esta é unha lista dos grupos e solistas que tocaron en Woodstock: Joan Baez, Blood, Sweat and Tears, The Jeff Beck Group (cancelada), The Paul Butterfield Blues Band, The Band, Creedence Clearwater Revival, Canned Heat, Country Joe McDonald & The Fish, Crosby, Stills, Nash & Young, Joe Cocker, Arlo Guthrie, The Grateful Dead, Tim Hardin ,Jimi Hendrix, Richie Havens, Keef Hartley, The Incredible String Band, Luis Faraoni, Iron Butterfuly (non tocou), It's a Beautiful Day (cancelado), Janis Joplin, The Jefferson Airplane, The Joshua Light Show, Melanie, Mountain, Quill, John Sebastian, Ravi Shankar, Sly and the Family Stone ,Bert Sommer, Santana ,Sweetwater, Ten Years After, Johnny Winter e The Who.


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas