Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Libros

2/9/09

Libros



Abrindo a tempada de outono, chega as librarías Bartleby, o escribente, tradución galega de Eva Díaz Rodríguez do relato clásico de Herman Melville.

Bartleby é un escribente excelente que despacha unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de Wall Srett onde traballa ás ordes dun avogado. Porén, un bo día, cando o seu xefe lle pide que examine con el un documento, Bartleby se nega con total serenidade dicindo: «Preferiría non facelo». Dende entón, diante de calquera requerimento do avogado, o narrador do relato de nome descoñecido, contesta coa mesma frase: «Preferiría non facelo». O avogado descubre que Bartleby quedou vivir na oficina e, como se nega a obedecerlle e despois a escribir máis, o despide. Porén, este curioso personaxe se nega a marchar e continúa vivindo na oficina. O xefe que é incapaz de botalo, decide mudar a sede do escritorio. Cando chegan novos inquilinos, Bartleby segue alí, prefire non facer nada que altere a súa situación.

1 comentario:

Curtisbiblio dijo...

Herman Melville (Nova York, 1819-1891) é unha das principais figuras da literatura norteamericana. De mozo traballou de mariño na liña Nova York-Liverpool, experiencia que o marcará na súa actividade posterior como escritor. É autor de novelas extraordinarias como Moby Dick (1851), Benito Cereno (1856) ou a póstuma Billy Budd (publicada en galego por Xerais en 1983). Bartleby, o escribente, publicada en 1853, é unha das narracións máis orixinais e conmovedoras da historia da literatura universal, sendo considerada como unha das súas maiores alfaias.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas