Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
25/9/09
OUTONO DE NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA
Estas son algunhas das novelas e películas que xa tedes a vosa disposición
La isla bajo el mar, a escritora chilena Isabel Allende mergulla de cheo ao lector no terrible drama da escravitude.
La bóveda celeste (La otra hija de Galileo) de Carmen Resino. Un misterio histórico arredor da fascinante figura de Galileo Galilei.
As dúas últimas novelas de Rosa Aneiros Ás de bolboreta, premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil 2009 e Sol de inverno. Premio Xerais de Novela 2009.
El lamento del perezoso, despois de Firmin, o entrañable ratiño, Sam Savage volve cun moderno Don Quijote dos nosos días empeñado en ser feliz.
Las alas de la esfinge, de Andrea Camilleri. Montalbano, o comisario máis famoso de Italia, vese envolto nunha nova aventura.
La maestra de piano, a primeira novela da autora chinesa Janice Y.K. Lee ambientada no Hong Kong colonial cando este formaba parte do imperio británico nas primeiras décadas do século XX.
La mano de Fátima, a nova novela de Ildefonso Falcones, autor de La Catedral del Mar relata a apaixonante historia dun novo mourisco na Andalucía do século XVI, atrapado entre dúas relixións e dous amores, en busca da súa liberdade e a do seu pobo.
Muerte en Estambul de Petros Márkaris. Un novo libro do comisario Kostas Jaritos!
Corazón de Ulises de Javier Reverte, invítanos a perdernos en tres enclaves míticos: Grecia, Turquía e Exipto.
La extraña desaparición de Esme Lennox de Maggie O'Farrell. Novela acerca das duras consecuencias que soportan aqueles que rexeitan as convencións sociais.
La comerciante de libros de Brenda Rickman Vantrease, novela histórica con personaxes como un mestre iluminador, a súa filla e o seu amante.
El fuego de Katherine Neville. Bestseller sobre un xadrez incendiario
Conversaciones con mi jardinero. Un pintor descobre no seu xardineiro a un home que acaba por asombralo grazas á súa franqueza e á simplicidade da mirada coa que ve o mundo.
Bienvenido al Norte, a película francesa máis exitosa da historia.
La clase de Laurent Cantet. François e os demais profesores prepáranse para enfrontarse a un novo curso nun instituto dun barrio conflitivo. Cheos de boas intencións e desexosos de achegar a mellor educación aos seus alumnos, ármanse contra o desalento.
Gran Torino, película dirixida, producida e protagonizada por Clint Eastwood. Conta a historia de un vello rosmón e racista veterano da guerra de Corea, pero que no fondo ten un gran corazón.
Che el argentino e Che guerrilla de Steven Soderbergh. Biografía do famoso guerrilleiro e revolucionario Ernesto 'Che' Guevara, baseada no seu propio diario.
Sophie School, película que formula os límites do poder, a perda de lexitimidade dalgunhas leis, e tamén o punto ata o que se pode chegar por defender uns ideais e unhas conviccións.
Mi nombre es Harvey Milk , película que conta a loita polo recoñecemento dos dereitos dos homosexuais nos E.E.U.U.
Chinatown, excelente homenaxe ao mellor cinema negro, que co tempo se converteu nun clásico do xénero e nunha referencia obrigada para calquera amante do cinema.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario