Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Para recitar

23/9/09

Para recitar


No teu sangue granado en romanceiro
-dende tanta elexia fusilada-
en medio estás
de ventos tremerosos como a espiga
que cimbra na túa alma poderosa
de puro poderío
á espera da palabra, da noite
,da ardora na marisma.
Semella todo en comunión co inverno.
Ou todo
extraña xuventude cara á nadado nunca do camiño.
E recordas chegar dos teus dominios
a un norte sen soles nin olivos
,e oficiar en madrigal ou cópula brillante
algo de luz cua língua
dun Pais chamado, por exemplo
Galicia ou Negra Sombra ou Rosalía.
E recordas, acaso, caerte dos teus ollos
para adentro
deste escuro suceso de vivir,
para adentro do hálito palpable andalusí
(Aquel mundo sen portas chegando de extinguirse].
E recordas de azul as rúas e as camisas.
¿Recordas?
Pero ti acendes de moreno o corazón co verso
,exerces tan plácido a lúa e o seu sangue
oculto con adentros luminosos,
¡tan inhóspito o Sur e os cabalos de sombra!,
que, aínda hoxe en Compostela,
nin A Morte se atreve a coñecerte.

2 comentarios:

Curtisbiblio dijo...

Xavier Rodríguez Barrio
A fonda negrura das cousas
Naceu en Lugo o ano 1954. Fixo estudios de Dereito en Santiago, que non acabou, e viaxou por varios países. Actualmente reside en Lugo, onde traballa como administrativo e traductor.

Ainda que nalgún tempo cultivou ocasionalmente o ensaio ou a narración, a vococión poética de Rodriguez Barrio foise facendo cada vez máis exclusiva e excluínte. A súa obra, rigorosa, esixente, de depurada expresión e limpida linguaxe, é moi extensa xa, malia a súa xuventude. Ademais da súa participación en volumes colectivos, ten publicado os seguintes libros, a maioria deles máis densos do que é usual en Galicia: Pranto irmán (1973),

Verbas violentas na dor da conciencia (1974), Antífona da redención (1977), Herdo e alucinación en Fisterra (1981), Os laberintos da xerfa (1987), Os aposentos silenciados (1987), Celebración do gozo (1989), e Antiga claridade e Torre para os días (1992). Torre para os días, que recolle un ciclo que formaban tres dos libros anteriores e un mangado de poemas inéditos
.Ademais do premio Eusebio Lorenzo Baleirón ,e doutros moitos menores, X. R. B. gañou o Celso Emilio Ferreiro o Esquío e o Martín Codax, ademais do Premio da Crítica Española a Antiga claridade.

Xavier Rodriguez Barrio é un poeta cunha traxectoria firmemente ascendente que, chegado a grande altura xa en Herdo e alucinación en Fisterra, se amosa excelso en Antiga claridade; e certa critica non faria mal en revisar, vendo a súa obra, o teimoso e cómodo lugar común que relega ós infernos os integrantes da antoloxía Os novísimos da poesía galega pola simple razón de que daquela, cando tiñan vinte anos, ainda non eran moi bos poetas. Desde aquela xa choveu bastante, e algúns, coma o Xavier, soleceron abondo.

Curtisbiblio dijo...

Está considerado uno de los mejores recitadores de Galicia, y ha dado cientos de recitales y participado en numerosos trabajos audiovisuales para la televisión y la radio. Ha obtenido los premios más prestigiosos de cuantos se convocan en Galicia, estando en posesión de la Medalla de Oro del Patronato “Rosalía de Castro” (1975), y del premio de literatura “Guimaraes” de Portugal (1973). En el ámbito español, fue finalista del Premio Nacional de Literatura y obtuvo el Premio Nacional de la Crítica Española en 1993.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas