Jorge Franco presenta, de xeito descarnado, o que sucede no diario vivir dunha Comuna colombiana , seus aspectos sociais, económicos, morais, afectivos e familiares, valéndose dunha jerga e dun vocabulario que fan sentir ao lector como un espectador do que alí sucede.
O inicio da novela recolle o desenlace fatal da protagonista, o autor pon na pluma do narrador omnisciente a turbulenta biografía de Rosario Tijeras, una muller sicario nas Comunas de Medellín. Na novela todo concurre a ambientar o mundo da protagonista, desde o seu apelido ,o anonimato do seu pai, a súa suposta mamá, a topografía urbano-rural das Comunas hasta o seu ambiente ; droga, sexo, vinganza e ánimo de posuír non importa a que prezo. Alí danse todas as paradoxas: matar con balas pasadas por auga bendita e o escapulario da Virxe do Carmen enredado nas mans e nos tobillos dos sicarios, para que a puntería acerte e o paso sexa decidido. Amor a María Auxiliadora, ao Divino Neno e culto ao diaño. O plano sensible da protagonista é acentuado ao máximo polo autor, en detrimento da súa razón e da súa vontade. O seu comportamento mostra un cadro de paixóns que se desencadean ao ritmo do instinto, nun vaivén de contrarios: amor e odio, tenrura e salvaxismo. O rancor e a vinganza son os móbiles que determinan a súa audacia e a súa crueldade, a súa capacidade de afrontar os máis altos riscos sen medo a perder a propia vida e sen medo para ser o instrumento para poñer fin doutros.
O autor mantuvo largas charlas con sicarias en prisión. O ler sentimos a verosimilitude da historia . A novela tuvo mui boa acollida en Colombia. Hai película.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario