Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009

8/10/09

Herta Müller, Premio Nobel de Literatura 2009


O Premio Nobel de Literatura de 2009 recaeu na poeta e novelista alemá Herta Müller, quen "con a concentración da poesía e a franqueza da prosa, debuxa a paisaxe dos desposuídos".
Herta Müller naceu en Nytzkydorf (Romanía) en 1953, no seo dunha familia pertencente á minoría alemá do país. A convivencia entre dúas culturas levouna, dende moi temperán, a afondar no coñecemento de ambos os dous países.
O seu primeiro libro, En tierras bajas, publicouse en 1982, tras catro anos de espera e con supresións impostas pola censura romanesa. Cando anos máis tarde a obra se publicou en Alemaña, as autoridades romanesas prohibiron a Müller o dereito a publicar. O libro componse de quince relatos ambientados nunha pequena comunidade rural, nos que a autora narra as vidas dos seus habitantes, marcados pola desesperanza, os conflitos e as relacións co Estado: "Non soportamos aos demais nin nos soportamos a nós mesmos e os outros tampouco nos soportan", di a través da voz da nena que narra a historia. De feito, a ditadura de Ceacescu é escenario de boa parte das súas obras, como El ser humano es un gran faisán en el mundo, onde unha familia alemá aguanta, con desespero, un permiso para abadonar Romanía. A súa última novela publicada, Atemschaukel, está protagonizada por un mozo de 17 anos que é enviado a un campo de traballo na Unión Soviética, ao concluír a Segunda Guerra Mundial.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas