Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
25/11/09
25 de novembro: A historia das irmás Mirabal, as bolboretas contra a violencia
Patria, Minerva e María Teresa Mirabal foron tres mulleres de Ojo de Agua na República Dominicana, que tiveron a valentía de loitar pola liberdade política do seu país, opoñéndose firmemente a unha das tiranías máis férreas que tivo Latinoamérica, a de Rafael Leonidas Trujillo. Razón pola cal foron perseguidas, encarceradas varias veces e finalmente brutalmente asasinadas o 25 de novembro de 1960.
En honra a estas valentes irmás, cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller. Isto foi establecido no Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe celebrado en Bogotá, Colombia no ano 1981.
As irmás Mirabal son tamén coñecidas e representadas como as "Bolboretas", por ser este o nome secreto de Minerva nas súas actividades políticas clandestinas en contra da tiranía trujillista. Anos máis tarde, Pedro Mir, poeta nacional dominicano, utilizou este nome no seu poema "Amén de mariposas" onde expresa a traxedia que foi o asasinato das tres heroinas. Nesta década, a destacada escritora dominico-americana Julia Álvarez titula a súa novela baseada na vida das irmás Mirabal, En el tiempo de las mariposas, publicación que establece aínda máis a representación das irmás Mirabal como as Bolboretas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario