
Con ‘Darwin. Navegando no Beagle’ o Museo do Mar de Galicia celebra o ano Darwin coa exposición máis ambiciosa da súa historia, unha mostra que conmemora o 150 aniversario da publicación do libro A orixe das especies , o libro do científico británico Charles Darwin que continúa a ser una referencia no mundo da bioloxía, da navegación e mesmo da filosofía e da relixión.
A exposición inclúe elementos únicos e inéditos, como unha reproducción de nove metros de eslora do Beagle –o barco no que Darwin navegou arredor do mundo- , ou do camarote do científico, unha longa serie de elementos multimedia e máis de 60 pezas relacionadas co traballo do Beagle e co contexto histórico e científico da época. Entre elas, un barómetro Fitzroy procedente do Reino Unido, un microscopio do século XIX, o teodolito –instrumento de medición topográfica- de Domingo Fontán –autor da Carta Xeométrica de Galicia- e una ampla colección de animais disecados, reproduccións de láminas orixinais do Beagle e edicións facsímiles
No hay comentarios:
Publicar un comentario