
Con motivo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero chega ás librarías o libro titulado 5x2=9. Diez miradas contra la violencia de género.
Cinco escritoras españolas comprometidas contra a violencia de
xénero –Ángeles Caso, Espido Freire, Rosa Regàs, Eugenia Rico e Lourdes Ventura- reuníronse individualmente con outras tantas mulleres de distintas idades e clases sociais que nalgún momento das súas vidas, en ocasións ao longo de moitos anos, sufriron malos tratos
por parte das súas parellas. A palabra da quinta desas mulleres,
asasinada anos atrás polo seu maltratador, cobrou vida en boca do seu
fillo, e ese relato pecha o libro e tamén lle dá o título: "a morte,
a ausencia que provoca a morte, fai que cinco por dous sexan nove».
No hay comentarios:
Publicar un comentario