Blog da Biblioteca do IES de Curtis: BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL - UNESCO

26/2/10

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL - UNESCO


A Biblioteca Dixital Mundial está dispoñible en Internet. O acceso é gratuíto e os usuarios poden ingresar directamente pola Web, sen necesidade de rexistrarse.

Reúne mapas, textos, fotos, gravacións e películas de todos os tempos e explica en sete idiomas as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta. Ten, sobre todo, carácter patrimonial.


A BDM non ofrece documentos correntes, senón "con valor de patrimonio, que permitirán apreciar e coñecer mellor as culturas do mundo en idiomas diferentes: árabe, chinés, inglés, francés, ruso,español e portugués. Pero hai documentos en liña en máis de 50 idiomas". "Entre os documentos máis antigos hai algúns códices precolombinos, grazas á contribución de México, e os primeiros mapas de América, debuxados por Diego Gutiérrez para o rei de España en 1562".


Os tesouros inclúen o Hyakumanto darani, un documento en xaponés publicado no ano 764 e considerado o primeiro texto imprimido da historia; un relato dos aztecas que constitúe a primeira mención do Neno Xesús no Novo Mundo; traballos de científicos árabes que desvelan o misterio da álxebra; ósos utilizados como oráculos e ronseis chineses; a Biblia de Gutenberg; antigas fotos latinoamericanas da Biblioteca Nacional de Brasil e a célebre Biblia do Demo, do século XIII, da Biblioteca Nacional de Suecia.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas