Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Creación colectiva

26/2/10

Creación colectiva



Platero é medianiño, preto, agarimoso; tan mol por fora, que se diría brisa mariña no verán,. Os ollos son mornos, acastañados , as veces duros como un canto do rio.
Deixo a Platero ceibo e vai ao prado, paraiso do noso burro no que pace, anda a rolos ofrecendo ao sol un ventre plata.
Cando o chamo: "!Platero!?" ven alegre, feliz , acaríciame co seu fuciño de mercurio e ríe, e rimos.
Xanta laranxas, mandarinas ,verdes e tenras berzas da horta enfeitizadas con pingas de neboa .É tenro e doce como a nenez; forte e teimudo como a adolescencia.
No tempo de lecer paseo sobre el pola, eira, polo campo, pola pista, polo regato do peneco… As veces os que pasan quedanse mirándonos.

Realizado por 4º ESO c; Cristian, Olalla, Mónica, Daniel, Yesica, Vanesa

1 comentario:

Unknown dijo...

Platero ta malito, fractura de ligamentos na pata traseira izquerda. Puer Platero!

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas