Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Os domingos do Entroido.

13/2/10

Os domingos do Entroido.



http://www.xunta.es/linguagalega/entroido
DOMINGO CORREDOIRO: domingo anterior ao de Entroido en que se celebraba a corrida do galo, que consistía en pendurar a ave dunha corda tendida para que os mozos lle arrincasen a cabeza.
DOMINGO DE ENTROIDO: domingo anterior ao Martes de Entroido, no que se come en abundancia, especialmente carne de porco, para dar paso á Coresma.
DOMINGO DE PIÑATA: celebración especialmente urbana, que ten lugar o primeiro domingo de Coresma, en que se tenta romper unha piñata cun pau e cos ollos tapados.
DOMINGO FARELEIRO: día en que principia o ciclo do Entroido. Recibe o nome de domingo fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, segundo os lugares, e dependendo do material co que se saia á rúa para enzoufar a xente: fariña, borralla, chicotes, betume, ovos podres, lama, feluxe e mesmo formigas.
DOMINGO OLEIRO: segundo domingo en que se practica o xogo das olas, no que os participantes, colocados en círculo, se van pasando recipientes de barro cheos de viño, auga ou fariña. Quen os deixe caer debe pagar unha rolda de viño ou unha merenda.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas