Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Papas de arroz

13/2/10

Papas de arroz



Papas de arroz
un paiño de canela na man
e o arrecendo que nos envolvé.
que escarva na memoria e fai saír
a lembranza máis doce dos poucos anos,
da pequena estatura remexendo,
tirando o limón e a tona,
mesturando arroz, azucre e canela.
A mesma camisa azul
os chichos de sete anos
e a mornura do leite e do arroz
case sen espesar cando chegaba a noite.
Cun paiño de canela traio ao presente
as paredes blancas e as lacenas de obra,
as mesmas en que me agachaba
o día que escoitaba unha canción para min.
Foi casi a primeira casa
a casa das papas de arroz,
das patacas loiras,
dos fritos con pouco leite,
da carioca que mordía o rabo.
A casa en que xoguei soa
e a cociña era un mundo en si mesmo
un mundo con unha ventá aberta
sobre o camiño que viña da escola.
que ía a ningures,
o camiño que obsevaba e repasaba,
mentras cantaba a soidade.
As mesmas papas de arroz
que callaron un día,
tal como ensinaban as anciás,
no vómito e no anuncio do meu sangue.
http://www.blogoteca.com/acuatica07/index.php

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas