Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Feito en Serantes

25/3/10

Feito en Serantes


"Soy un ilustrado, salvado o limitado por su creencia en las brujas", definiuse o novelista, que se apartou das modas e lamentaba non escribir en galego. Carmen Becerra, da Fundación Torrente Ballester, opina que esta frase resume a esencia dunha obra que navega entre a superstición da aldea galega e o racionalismo militar dunha cidade cuadriculada e clasista. Torrente criouse en Serantes, unha parroquia do arrabalde, e estudaba en Ferrol. "Ese quilómetro de distancia eran séculos en realidade", explica Becerra. "A súa obra, aparentemente fantástica, é absolutamente realista si se le ben". Esta profesora universitaria, estudiosa da obra de Torrente, coñeceuno no ocaso da súa vida e lémbrao como un "home simpático e miedoso, un humanista con toda unha enciclopedia cultural na cabeza que se reivindicaba como profesor sobre todas as cousas".

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas