
Responsables de diferentes entidades culturais coincidiron onte en reclamar medidas legais que protexan os dereitos de autor ante as descargas ilegais e advertiron tamén que o modelo a seguir deberá ser diferente ao analóxico.
A ministra de cultura Gonzalez Sinde considera imprescindibel que os países europeos chegen a un acordo para alcanzar a era dixital de forma conxunta xa que as descargas ilegais serán maiores co paso dos anos, no 2008 había un total de 2.400 millóns e prevese que no 2009, serán peores.
Co fin de evitar estas cifras, creouse un seminario chamado A dixitalización do material cultural, bibliotecas dixitales e dereitos do autor, que se celebra na Biblioteca Nacional co fin de mellorar esta situación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario