Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A derradeira lección de Castelao

13/4/10

A derradeira lección de Castelao


Mañan día 14 de abril inaugurarase no museo provincial de Lugo unha exposición sobre o artista, escritor e político galego Castelao, esta exposición levará por nome “ Castelao: A derradeira lección do mestre” e farase referencia os últimos anos de vida do escritor, os do exilio.
A exposición contará con tres salas do dito museo e terá información moi variada algunha dela dedicada os estudantes. Dous comisarios de esta exposición reuniron cadros, gravados e múltiples obxectos persoais pero estas pezas so forman unha parte mínima das 4000 que están catalogadas.
A exposición contara con preto de vinte institiucións así como outros tantos coleccionistas particulares e participantes na montaxe co fin de reflectir o conxunto de actividades que desenvolveu, debuxante, pintor, caricaturista, ilustrador, xornalista, escritor e político nacionalista.
O obxectivo da mostra é facerlle xustiza “e conxurar unha perniciosa parsimonia, non casual, a que nos leva a demorar de máis no coñecemento da nosa historia e, por tanto, a ignorármonos nós mesmo”, esta e paradoxa que se refire a que cando Castelao non poido poñer o pe na sua terra nunca estivo tanto nela.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas