Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Lembranzas de sete anos no instituto.

29/4/10

Lembranzas de sete anos no instituto.


Nesta crónica vou facer unha lembranza sobre momentos bos e malos que pasei durante os sete anos que levo neste instituto.
Nunca olvidarei cando me deron as notas de septembro de 3º da ESO , en ese curso deixara sete asignaturas para setembro e despois de pasar un verán no que non fixen outra cousa que estudar consenguín pasar de curso, sin duda cando mirei esas notas no taboleiro sentín unha gran satisfación xa que o meu esforzo merecera a pena, foi o mellor momento de todos.
Outros momentos moi bos e divertidos que pasei no instituto foron os das semanas culturales de 1º e 2º da ESO xa que non tíñamos ningunha clase e facíamos actividades moi divertidas, este tamén é un moi bon recordo.
Tamén debo recordar todos os momentos bos que pasei cos compañeiros, por exemplo en excursións, e todos os amigos que fixen dende que estou no instituto
Como momentos malos podo recordar o curso de 1º de bacharelato cando tiven que repetir curso ou
o primeiro día de clase que tiven no instituto, xa que me berrou un profesor e eu, o ser o primeiro día asusteime un pouco.
En definitiva cando levas tantos anos aquí recórdaste mais dos mellores momentos que dos malos.

Diego Cabado Pintor.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas