Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 17 DE MAIO: CAMIÑANDO POLAS LETRAS

16/5/10

17 DE MAIO: CAMIÑANDO POLAS LETRAS

A actividade da Biblioteca Sarmiento para a conmemoración do 17 de maio xirou nestes días arredor dos escritores homenaxeados ao longo dos anos nesta data, cunha especial adicación ao poeta do Caurel; o obxectivo foi achegar a toda a comunidade retazos de cultura, de poesía, de Galicia... a través da palabra, da imaxe, da música e mesmo da natureza... Para iso organizáronse actividades diversas: exposicións sobre autores galegos, cunha dobre versión en viñeta e en formato divulgativo, panel sobre Uxío Novoneira (fotos, textos, citas sobre a súa personalidade e labor...), libros á man (fóra dos andeis e ó alcance de todos: tocar, ver, ler...), mostra de flora típica galega, proxección permanente no recinto da biblioteca sobre o autor homenaxeado... Velaquí a nosa proposta, chea, como sempre, de ilusión ...

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas