Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Lo que no se dice de la crisis

17/5/10

Lo que no se dice de la crisis


Artigo publicado por Vicenç Navarro no diario PÚBLICO, 13 de maio de 2010

A crise que están a vivir algúns países mediterráneos -Grecia, Portugal e España- e Irlanda se está a atribuír ao seu excesivo gasto público, que se supón creou un elevado déficit e unha exuberante débeda pública, escollos que dificultan seriamente a súa recuperación económica. De aí as receitas que o Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo (BCE) e o Consello Europeo estiveron a impoñer a aqueles países: hai que apertar o cinto e reducir o déficit e a débeda pública dun xeito radical.
É sorprendente que esta explicación alcanzase a dimensión de dogma, que se reproduce a base de fe (o omnipresente dogma liberal) e non a partir dunha evidencia empírica. En realidade, esta mostra o profundamente errónea que é tal explicación da crise. Vexamos os datos.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas