![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhY4PY-ZXWMpS6kKgYoNrFFZKPmpdJr1RPP0wgfXL4k_lU1-Y391hz_puRaJ3CQuGyP1YmS-OMq4l0pnHqJYAxGUyQ-sm1Lg__FV4G56DcNzOb-mUbS542VWFFikkVS6kru24Q8c6Ur4lc/s400/safe_image.jpg)
No número 58 da rúa Panadeiras agóchanse verdadeiras xoias da Literatura Universal como un manuscrito inédito de Quevedo ou a primeira edición holandesa de El Quijote. A Biblioteca do Consulado é a biblioteca pública máis antiga do Estado. Inaugurada o 15 de agosto de 1806, agocha verdadeiros tesouros, entre libros, manuscritos, carpetas que gardan documentos e cartas que formaron parte da Biblioteca de Juana de Vega.
Para dar a coñecer a toda a cidadanía esta Institución, organízanse visitas guiadas os segundos xoves de cada mes, ás 18:00, desde o mes de abril até decembro. Os que desexen asistir deberán anotarse previamente no teléfono 981 206274 ou escribindo un correo electrónico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario