![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh45gUmya7WDJmOrV9GKVxqKxhP_0m5WD-OxGHM-WdQcaUwpKDT74mgPFnhSvtOuhMWy9eNhEwNq_91V-LuotyVEDtvKe8zqUUi3dol9tL4WMBz1oUgMF1_TfD43_l0RWj9rwZDRh_PCa0/s400/mayo2010+curtis+022.jpg)
En todo este tempo, nestes 6 anos que pasei neste instituto teño que decir que pasei momentos bos e malos. Ainda me acordo da primeira vez que entrei, os primeiros meses non sabia en que mundo estaba, dabame a sensación que eu non cadraba. Os anos foron pasando case sen darme conta… Funme decatando de que sin estar aquí e sen o meu esforzo, ainda que fora pouco non iria a ningures. Levo un bo recordo dos profesores, das clases, das actividades extraescolares, das amizades… Sen duda, os mellares anos foron eos dous ultimos xa que os estudos foron indo a mellor. De todo esto quedo ca conclusión de que con todo o que me ofreceron e as oportunidades que me deron arrepintome de non poñer todo da miña parte como moitas veces me aconsellaron.
Jessica Mosquera Platas 4º ESO C (diversificación)
No hay comentarios:
Publicar un comentario