En dúas versións, para adultos e xente nova, Pepe Carreiro fai unha achega boísima sobre a historia da nosa lingua en versión irónica, libros de lectura obrigada para todos os cidadáns de Galicia. Humor e historia, combinación perfecta.
É curioso, pero en Galicia non se falou sempre galego. Non, castelán tampouco, nin inglés. Na altura na que en Galicia non se falaba aínda galego, en Madrid nin sabían que era iso do castelán. Madrid, ademais, aínda non existía. En Londres, que tampouco existía, tamén non sabían nada do inglés. Do que se falaba en Galicia antes da chegada dos romanos pouco sabemos.

(Trafeganfo ronseis)
Grazas a Julia, do Mestres Goldar, témola en formato "issuu" para que a disfrutedes desde aquí.

1 comentario:
Grazas pola visita! e a mención.
Saúdos
Publicar un comentario