Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Día de Nelson Mandela

18/7/10

Día de Nelson Mandela



En novembro de 2009, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 18 de xullo «Día Internacional de Nelson Mandela» en recoñecemento da contribución achegada polo ex Presidente de Sudáfrica á cultura da paz e a liberdade.

Na resolución 64/13 da Asemblea Xeral recoñécense os valores de Nelson Mandela e a súa dedicación ao servizo da humanidade a través do seu labor humanitario nos ámbitos da solución de conflitos, as relacións interraciais, a promoción e protección dos dereitos humanos, a reconciliación, a igualdade entre os xéneros, os dereitos dos nenos e outros grupos vulnerables, e a defensa das comunidades pobres e subdesenvolvidas. Recoñécese tamén a súa contribución á loita pola democracia a nivel internacional e á promoción dunha cultura de paz en todo o mundo.



Canción: Nelson Mandela y sus dos amores (Pablo Milanés)

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas