Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Porto, o encanto das súas librarías(III)

14/8/10

Porto, o encanto das súas librarías(III)


Libraría Lello e Irmão

A historia da Libraría Lello e Irmão (en portugués: Livraria Lello e Irmão), tamén coñecida como Libraría Chardron ou simplemente Libraría Lello (Livraria Lello) remóntase ao1869, ano no que foi fundada na rúa dos Clérigos baixo o nome de "Libraría Chardron". Tras a morte do seu fundador vendeuse á sinatura Lugan & Genelioux Sucessores. No1894 a antiga Libraría Chardron foi vendida a José Lello que, por entón posuía xa unha libraría na rúa do Almada. Este en asociación co seu irmán, António Lello, cambioulle o nome en1919 por "Livraria Lello e Irmão".

O actual edificio, situado na rúa das Carmelitas 144, foi construído polo enxeñeiro Francisco Xavier Esteves e inaugurado en 1906. A súa fachada presenta detalles modernistas e neogóticos e destacan as dúas figuras pintadas a ambos os dous lados da porta representando a arte e a ciencia. No centro, "Lello & Irmao" e en letras douradas Livraria Chardrón. No seu interior destaca o xeso pintado imitando madeira, a escaleira vermella de acceso á planta superior e a gran vidriera do teito, que leva o monograma e o lema da libraría: "Decus in Labore" ("Dignidade no traballo") e que permite a entrada dunha luz natural perfecta para a lectura.

Na planta baixa, o parqué de madeira do chan está atravesado por unha estreita vía pola que circulaba un vagón de madeira, que axudaba aos empregados a trasladar libros. Na segunda planta hai dúas pequenas salas de lectura, nas que o visitante pode tomar un café mentres olla un libro e onde tamén se realizan pequenas exposicións de arte.
Nesta libraría rodáronse algunhas escenas das
películas de Harry Potter.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas