Antón Castro sobre imaxen do fotógrafo Anxo Cabada
TERRA
LEVO TODA A VIDA SACHANDO EN TI
TERRA,
E DESTE ATAFEGO
NON CANSO.
COMO NON AMAR A TÚA OLLADA DE LAMA HÚMIDA
COMO NON AMAR ÁS TÚAS MANS DE GRANITO CANSO,
ENMOLECIDO.
MULLER DE ESCUMA,
DI:
CARA ONDE MIRAN OS TEUS OLLOS.
VOLVEREI COA NOITIÑA
PARA PROCURARMOS XUNTOS MÁIS TERRA.
A imaxen atópase no blog de Antón Castro eu non fun quen de subila.
Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
1 comentario:
Mañá, as oito do serán, na Sala III do Centro Social Caixanova, o fotógrafo Anxo Cabada inaugura a súa exposición Terragrafías na que un grupo de escritores e escritoras (entre outros: Eva Veiga. María Xosé Queizán, Manuel Forcadela. Xaime Toxo, Fran Alonso. Román Raña, Antonio García Teixeiro. Baldo Ramos, Adolfo Caamaño. Xurxo Souto, Xavier Rodríguez Baixeras. Ana Romaní, Chus Pato, Marga do Val, Xosé Vázquez Pintor, Cristal Méndez, Alexandre Nerium, Marisa Núñez, Lucía Aldao, Anxo Angueira, Maite Dono, Marica Campo, Mª Victoria Moreno, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, María Lado, Alfonso Armada, Carlos Fontes, Carlos Lema, Xesús Constela, Fina Casalderrey, Silvia García, Estro Montaña, e este menda) puxemos palabras ás inspiradas fotos do artista.
Publicar un comentario