Os Premios dá Cultura Galega da Xunta 2010 distinguiron á Editorial Galaxia (Promoción Cultural de Galicia), ao escritor Agustín Fernández Paz (Letras), á pintora Menchu Lamas (Artes Plásticas), ao dramaturgo Eduardo Alonso (Artes Escénicas), á Fundación Barrié (Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural), a Vaca Films (Creación Audiovisual) e á Orquestra Sinfónica (Música).
O escritor Agustín Fernández Paz foi galardoado co premio Cultura Galega das Letras en recoñecemento á súa traxectoria vinculada á literatura galega. Este, mediante un comunicado, ven de rexeitar o premio "por coherencia". Acóllese aos motivos do comunicado de Prolingua do 8 de outubro no que, baixo o lema "Rosalía de Castro nunca aceptaría este premio'", se fai un chamamento ás persoas relacionadas co sector cultural a rexeitar os novos galardóns da Xunta. ''Xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato'', se di no documento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario