Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Cuentos silenciosos de Benjamin Lacombe

18/11/10

Cuentos silenciosos de Benjamin Lacombe

O pasado 4 de novembro saía á venda de forma simultánea en Francia, Italia e España Il était une fois... (Cuentos silenciosos), do ilustrador Benjamin Lacombe, unha obra orixinal que recrea os contos clásicos ao seu xeito e en modo pop-up.

"Oito contos clásicos, nunha dobre páxina, cun mecanismo enxeñoso, nun libro magnífico, que asocia a técnica co talento artístico. Nel encontraremos os personaxes dos contos máis coñecidos: Alicia, Pinocho, a Bela Dormente, Barba Azul, Peter Pan, Caperucita Roja, Madame Butterfly e Pulgarcita; postos en escena por Benjamin Lacombe e en relevo por José Pons. Ao final do libro, Jean Perrot, grande especialista en contos e ilustración infantil, daranos a súa visión da obra", en palabras do editor.

Benjamin Lacombe, é un estupendo ilustrador francés nacido en Paris, ten 27 anos e traballa principalmente para libros infantís e cómics.
Estudou artes plásticas. Mentres estudaba, fixo algúns traballos en estudos de animación e comezou como un artista de publicidade.

Para abrir boca, déixovos aquí o vídeo promocional do libro e o enlace á páxina web do ilustrador.

Web Benjamin Lacombe







No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas