O IES de Curtis súmase á iniciativa promovida por numerosas asociacións e entidades (ENCIGA, AGAPEMA, APETEGA, Coordinadora galega de equipos de normalización lingüística, SGAPEIO, IGACIENCIA, Universidade da Coruña, Santiago e Vigo, ILG, NEG, AS-PG, CIG- Ensino, STEG e un longo etc.) que propoñen instituír o día 4 de novembro como Día da Ciencia en Galego. Nós, coma eles, consideramos que o galego é apto para que a divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico e que Galicia precisa da ciencia galega e en galego para non perder todos os trens da modernidade, das novas culturas, dos novos empregos e das novas ideas.
Fixemos a nosa achega dende o centro coa organización do seguinte programa de actividades:
Exposición Científicas galegas
Exposición Ilusións ópticas
Exposición Experimentos tecnolóxicos. Lugar: patio cuberto
Bingo matemático- 10:25- 10:45h e 12:25- 12:45h
Experimentos científicos. Lugar: Patio cuberto
10:45 - 2º de ESO A
11:35- 1º de ESO A
12:45 - 2º de ESO B
13:35 - 1º de ESO B
Videoconferencia Do CERN a Compostela coa Física de Partículas. Alumnado 1.º Bacharelato.
Botadura dun papaventos
Curruncho da ciencia na biblioteca Sarmiento
No hay comentarios:
Publicar un comentario