En dez días presentarase en Vigo Redelibros.com, a primeira rede social exclusivamente dedicada ao libro posta en marcha en Galicia. A vocación deste espazo é dobre. En primeiro lugar, pretende ofrecer todos os servizos das redes sociais, tanto de facer comunidade como de mantela comunicada e, ao tempo, ofrecer espazo en liña para a venda destinado ás librarías pequenas.
O proxecto leva en marcha un par de meses e agora está na fase de sumar as librarías. Esta rede social é un espazo que ten case un millón de títulos catalogados, de maneira que os membros da rede poden facer comentarios, recomendalos uns a outros, poden incorporar novos títulos ao fondo ou pedir opinións sobre eles. Será tamén un espazo de venda para as pequenas librarías de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario