Velaquí unha das actividades finais do noso traballo sobre Xapón dentro do Proxecto Interdisciplinar: entre os dous grupos de 1º de ESO fíxose unha narración colectiva, na que o alumnado foi integrando coñecementos que adquiriu sobre o país nipón no trimestre e medio que adicamos á investigación sobre este tema.
Chámome Huan-Chi e son unha rapaza de trece anos de idade, vivo na illa de Hokkaido, que é unha das máis importantes do arquipélago xaponés. Direivos que non me gusta nada o peixe e iso é un problema.
Son alta, mido 1,65, o cal é moito medir para unha rapaza japonesa, teño os ollos azuis e con forma de améndoa, a miña pel é morena e teño o nariz chato e redondeado. O que máis me gusta de min e que son simpática, polo cal teño moitos amigos.
Meu pai é pescador, moitas veces lévame no barco para axudarlle aínda que, como vos dixen antes, non me gusta nada, nada o peixe.
Un día pola mañán cedo saímos cara á illa de Kiushu; eu non levaba o meu kimono, senón roupa máis cómoda: unha camiseta, un pantalón e unha gorra. Levabamos nunha fiambreira sushi, arroz,algas e un pouco de wasabi, para poder comer no barco. Mentres, miña nai quedaba traballando nun concesionario de Mistubishi.
De súpeto, empezou a chover dunha maneira moi intensa: estabamos no mes de xullo e nesa época son habituais as choivas por mor dos Monzóns. O vento arrastrounos moi lonxe e fomos bater cunha rocha moi grande: unha fenda enorme deixaba entrar auga, moita auga pola popa! O medo empezou a facerse con nós. Sem pensalo dúas veces tireime ó mar e empecei a nadar. Pero... e meu pai? Volvín a vista atrás e vino totalmente inmóvil, agarrado á proa do barco. Sen pensalo dúas veces, volvín atrás, subín ao barco e achegueille un salvavidas.
Nadamos e nadamos... durante non sei canto tempo... Estabamos case seguros que non íamos saír con vida de semellante aventura. Pero cando xa dabamos todo por perdido vimos terra: tratábase dunha illa deserta...
Miña nai, mentres sucedia todo esta, estaba a volverse tola coa preocupación: algo nos tiña que ter pasado para non estar xa de volta na casa. Correu ao porto pero ali non viu nin rastro do barco. Sen perder máis tempo avisou ás autoridades. Despois, desesperada, foi a unha pagoda próxima: alí, ao pé da figura de Buda, axeonllouse. Non podía máis: estada nerviosa, triste, soa, chea de angustia, faltáballe osíxeno... Algo malo tiña que ter pasado!
Sobre a illa ia caendo a tarde. Os nosos estômagos empezaban a ruxir coa fame: pescamos algo de peixe e collemos uns froitos parecidos aos cocos, que tiñan auga dentro. Meu pai fixo lume batendo dúas pedras e ali dourou os peixes pequenos que conseguíramos coller. Ai! Nunca comera peixe pero o meu estómago xa non aguantaba máis, ou comía aquelo ou pasaba sen nada. A verdade é que non o dubidei moito: abrín a boca e imaxinei que era un saboroso manxar. E, sorpresa, gustoume!. Despois dunha máis que desexada cea, tentamos descansar un pouco: debiamos durmir algo para que a cabeza descansase e poder, así, chegar a solucionar o grande problema no que estabamos.
Ben cedo, vimos un barco que se aproximaba: meu pai, a toda présa, voltou a facer lume coas pedras: as autoridades, que miña nai avisara o día anterior, por fin deran con nós. Estabamos salvados.
Cando volvemos á normalidade démonos conta de que a nosa vida correra un grande perigo. Fomos, en canto poidemos, os tres dar grazas a Buda, pois cremos que tivo moito que ver con que saíramos airosos de tan grave situación. Ah! E entregamos unha doación de 300.000 yens para que se reforzasen as medidas de salvamento na costa.
A continuación mostrámosvos unha síntese de diferentes aspectos que tratamos nesta particular viaxe por Xapón. Por certo... o próximo mércores “partimos” cara a Chile: apuntádesvos á aventura?
1 comentario:
Curiosamente coincidimos con Xapón: o fillo dun ex-compañeiro mandou a seguinte carta dende alá. Botádelle un ollo se vos apetece:
http://trafegandoronseis.blogspot.com/2011/02/do-xapon-para-galiza.html
Saúdos
Publicar un comentario